formats

Nova Evanxelización IV

Publicado en 05/06/2012 por en Noticias

Segredos

Non hai moito tempo vin unha escena certamente curiosa. Iba eu no coche pola Coruña, saltando de semáforo en semáforo, cando nunha destas interminables paradas me fixei no retrovisor para comprobar se tiña detrás algún coche. Efectivamente había un, dentro del unha parella de mozos.

Estaban falando, mirando os dous ao fronte sen expresións demasiado marcadas nas súas caras. Nada estraño nin chamativo se daba ata que nun momento dado ela decide xirarse cara el. Con moito tacto agarra a súa cara e no que semellaba ía ser un bico ela decide transformalo nunhas palabras ditas ao oído, coma un segredo que debía quedar entre ambos. ¿Qué lle dixo?.

Tendo en conta que estaban solos no coche, o xesto (xirarse, agarralo, aproximarse, falar ao oído)  era totalmente innecesario pero seguramente a mensaxe emitida esixía todo ese decoro.

Nunca saberemos qué foi o que lle dixo. Ela non o revelará aos demáis, posto que se o fai violaría as normas do segredo que creou e el, por moito que se esforce, nunca será capaz de transmitir o que escoitou coa mesma intensidade e intimidade do momento no que o viviu.

Deste xeito, fugaz e espontáneo, manifesta Deus a súa plenitude ao ser humano; pero coa peculiaridade de que o  segredo que entre ambos nace non podemos calalo. Temos a necesidade de sacalo fora, de facelo compartido, pois é tan desbordante que non podemos levalo en soidade polos camiños da vida. Esta é a Nova Evanxelización, xirarse, agarralo, aproximarse, falar ao oído. Narrar, a quen quera escoitar, esa experiencia orixinal na que un adquire identidade. Revelar o segredo escoitado no oído, sabendo que é un segredo tan grande que non podemos gardalo en segredo.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn